INSCRIPCIÓN SOCIOS ANPA RIO TELLA 2020-2021

Dende a Anpa Rio Tella damosvos a benvida a este ano escolar. Para facervos socios temos novidades debido as circunstancias excepcionales do COVID19.
Por un lado quixemos facilitar a inscripción a tódalas familias de forma online, cubrindo os datos nunha web segura. Por outro reducimos a cuota anual por familia a 15 euros anuales.
Debemos seguir os seguintes pasos:

  • Realizalo pago en Caixabank (La Caixa) na conta: (15 EUROS POR FAMILIA E ANO!!) (co nome do neno e curso)
    ES7601334717424200001103 Ubicada na Travesía de Cacheiras, 69. 15883 Cacheiras (Teo)
  • Envialo xustificante de pago ben o whasapp 611 01 07 70 ou ben o email anpariotella@gmail.com
    SE TEDES ALGUNHA DUBIDA OU PROBLEMA, POR FAVOR, POÑEDEMOS EN CONTACTO CON NÓS NAS DIRECCIÓNS E TELÉFONO QUE ACABAMOS DE SINALAR NO PÁRRAFO ANTERIOR.

MADRUGADORES 2020-2021

Dende o Concello xa puxeron en marcha o procedemento de inscripción no programa de Madrugadores, este ano asumindo tamén o colexio de A Ramallosa.

No Rexistro do Concello e na Web xa podedes encontrar os formularios de inscripción.

O horario para os participantes (alumnado dos centros públicos do Concello) será a partir das 7:30 horas ata o comezo das clases, nos colexios de Calo, Ramallosa e dos Tilos.

As cuotas serán:

  • 40 Euros todo o mes para o servizo de gardería
  • 50 Euros todo o mes para servizo de gardería e almorzo.
  • días soltos: o 25% do prezo diario.

Exencións: A emisión dun informe social do Departamento de Servizos Sociais que indique a necesidade do servizo sen que haxa posibilidades económicas para abonar o custo do servizo, determinará a bonificación do 100% da cota.

Bonificacións:

– Cando asistan ao mesmo servizo varios/as irmáns/ás de xeito simultáneo, o segundo irmán/á e sucesivos terán un desconto do 25%.

– As usuarias e usuarios que pertenzan a familias numerosas segundo a definición da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familiar numerosas, terán unha bonificación do 25% da cota resultante. Esta situación deberá acreditarse mediante a presentación do corresponde título de familia numerosa.

– Cando as usuarias ou usuarios pertenzan a unha unidade familiar que teña unha renda per cápita igual ou inferior ao 50% do IPREM anual terán dereito a unha bonificación do 50% da cota. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF.

– Cando as usuarias ou usuarios pertenzan a unha unidade familiar que teña unha renda per cápita igual ou inferior ao 75% do IPREM anual terán dereito a unha bonificación do 25% da cota. Terase en conta o IPREM anual do exercicio ao que corresponda a declaración do IRPF.

– Cando as usuarias e usuarios  pertenzan a familias monoparentais, terán unha bonificación do 25% da cota resultante. Deberán presentar a certificación de monopartentalidade.

Normas de xestión e ingreso

.- As/os usuarias/os fixas/os deberán solicitar a correspondente alta no servizo, e ingresar, dentro dos dez días seguintes, a cantidade mensual correspondente en concepto de cota do mes corrente, de acordo coas contías previstas no apartado anterior. As cotas mensuais posteriores deberán ser ingresadas dentro dos dez primeiros días naturais de cada mes.

En caso de que a solicitude de alta tivera lugar máis alá do día quince de cada mes, a primeira cota mensual que se debe abonar reducirase nun 50%.

Actividades:

As actividades que desenvolverán os/as monitores/as no tempo de lecer son as seguintes:

– Actividade de videoteca/biblioteca

– Xogos cooperativos

– Xogos de mesa

– Actividades deportivas e de lecer.

Adxuntamos folla de información.

DERPA: PLATAFORMA DEREITO Á ENSINANZA SEN RISCO EN PANDEMIA

CHEGOUNOS ESTA INICIATIVA DESTE GRUPO QUE CREMOS CONVINTE COMPARTIR CON TODOS VOS.

A Plataforma Dereito á Ensinanza sen Risco en Pandemia (DERPA Galicia) estamos contactando coas ANPAS dos centros educativos de Galicia para darnos a coñecer. Somos un grupo de pais, nais, titores e docentes de cativos e rapaces escolarizados en centros da nosa Comunidade Autónoma, unidos coa finalidade de reivindicar a seguridade efectiva de toda a comunidade educativa nos centros escolares galegos ante o novo curso escolar 20-21.

A nosa preocupación ven ocasionada por esta situación de pandemia global (provocada por el virus Sars-Cov-2) que ameaza a saúde de toda a sociedade.

As autoridades sanitarias veñen recoñecendo que o contexto máis propicio para os contaxios é permanecer en espazos cerrados con pouca ou mala ventilación, a permanencia no mesmo dun gran grupo de persoas e estar moito tempo nesta situación. Por desgraza, todos estes elementos se dan no caso da educación presencial tal e como se está artellando, o que supón que o risco de contaxio dos nosos menores se eleve notablemente, POÑENDO EN PERIGO A SAÚDE de TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA e por extensión a de toda a sociedade.

Conscientes das necesidades sociais e educativas das nosas crianzas, recoñecemos a importancia da escola no seu desenvolvemento pero vemos que na circunstancia actual entran en conflito estas necesidades co dereito á saúde.

Consideramos que o protocolo de adaptación ao contexto da COVID19 nos centros de ensino non universitario non ofrece as garantías de saúde requiridas, e dado que a educación presencial é obligatoria entre os 6 e os 16 anos atopámonos co dilema moral e o conflito legal de elixir entre primar a educación ou a saúde.

Por outro lado, creemos que as rutinas escolares e a socialización dos nenos neste contexto, se verán tremendamente alteradas ao ter limitado o movemento e a comunicación polas condicións impostas de distancia interpersonal e a necesidade de portar máscaras. Se ben as máscaras son imprescindibles como un elemento máis de protección, non é realista pensar que os nenos podan levalas durante tantas horas seguidas, nin que o fagan correctamente.

Resultaría moi complicado lograr que os centros de ensino reúnan as condicións de seguridade que se requiren en outros lugares e espazos, máis se temos en conta os recursos técnicos, económicos e humanos que se precisarían e que faltan apenas tres semanas para o inicio do próximo curso 2020-2021. Por iso, creemos que a mellor opción sería que cada familia poida escoller o tipo de ensinanza, presencial ou a distancia, que considere máis axeitado.

Parte da infraestrutura necesaria para a ensinanza a distancia xa está operativa, por exemplo a través do CIDEAD, dependente do Goberno Central.

Establecer duas modalidades de educación axudará a reducir de forma natural a ratio nas aulas e diminuirá a ocupación no transporte escolar e en servizos como o comedor, o que contribuiría a minguar a probabilidade de contaxio e, por tanto, beneficiaría a toda a comunidade educativa e a toda a sociedade.

As situacións excepcionais requiren de respostas excepcionais, e estes tempos de pandemia, nunca antes vividos, merecen respostas á altura.

Pedimos dende DERPA unha resposta baseada na equidade, en función das necesidades ou das circunstancias de cada familia. Hai familias que queren ou precisan educación presencial para os seus fillos por diferentes motivos, como a conciliación. Para eles pedimos que as condicións no colexio sexan seguras, pero tamén entendemos que a ensinanza presencial obrigatoria para todos ou a ensinanza online para todos, non é viable para moitas das familias ao non ter en conta as patoloxías de risco ou a realidade de moitas delas.

Non se trata de illar a ninguén, senón de priorizar a saúde nunha situación de pandemia. Somos moitas as familias con fillos con patoloxías de risco, ou que convivimos con maiores ou con enfermos aos que poñeríamos en situación de risco coa volta ás aulas, poñendo en perigo incluso a súa vida.

Así mesmo, pedimos para aquelas familias que opten por levar aos seus fillos ao colexio que se poñan os medios necesarios para que asistan ás clases en condicións de seguridade fronte á ameaza do virus, sendo o colexio un lugar seguro no que se cumpran todas e cada unha das medidas indicadas polas autoridades sanitarias (limpeza, distanciamento de seguridade de polo menos 1,5 metros, uso de máscara, reducción de ratios, contratación de máis persoal docente…).

Entendemos que é imprescindible adoptar as medidas precisas para reducir a probabilidade de contaxios, en lugar de arriscarnos a que os centros educativos teñan que pechar por contaxios masivos e cuarentenas que con toda seguridade se producirían ao longo dun curso escolar desenvolvido nestas condicións. Queremos evitar que ocorra o que xa estamos vendo nalgúns países que iniciaron a volta ás aulas.

Por todo o anterior, estamos realizando unha serie de accións encamiñadas a que a administración atenda ás nosas peticións, e pedimos ás ANPAS que difundan os obxectivos deste colectivo entre os seus socios. Porque se ven a maioría das familias comparten a inquedanza ante o inicio de curso, moitas descoñecen que hai colectivos solicitando cambios, e polo tanto, estarían interesados en sumarse ás reivindicacións de DERPA.

Adxuntamos o noso manifesto, que poden atopar tamén na nosa paxina web https://derpagalicia.wordpress.com/

Se desexan contactar con a nosa plataforma, poden facelo a través da seguinte dirección de correo electrónico.

vueltaseguragalicia@gmail.com

MANIFESTO POR UNHA VOLTA SEGURA Ó COLEXIO

Dende a FANPA fannos chegar este manifesto, que adxuntamos. Fíxose coa intención de asegurar publicamente que non hai ningún argumento que non esteamos dispostas a discutir, ningunha obriga formal que non esteamos dispostas a rexeitar, ningunha decisión administrativa que poida servir de atranco, cando o que nos move é a saúde, a seguridade, o futuro e a vida das nosas fillas e fillos.


PRETENDEMOS:
– A volta presencial ás aulas, pero segura e responsábel, de non ser así, exerceremos o noso dereito a sermos as defensoras últimas da seguridade das nosas fillas e fillos, sen límites.
– Un plan de acollida emocional ao alumnado que inclúa o fornecemento de formación e medios ao profesorado, equipas directivas e persoal non docente.
– A reorganización, formal e homoxénea en todo o territorio galego, dos currículos das materias deste curso 2020-2021, reducíndoos para que poidan incorporar todos os contidos do 3º trimestre do curso pasado.
– A posta en marcha inmediata da contratación de persoal de enfermería en cada centro escolar.
– A dotación en todos os centros escolares da figura da educadora social.
– O mantemento sistemático da distancia de 1,5 metros durante todos os momentos e circunstancias lectivas, en consecuencia:
o Procura dos espazos necesarios para facilitar o desdobre de aulas.
o Contratación do profesorado necesario.
o Contratación do persoal de apoio necesario.
– Gratuidade absoluta, para toda a comunidade educativa, do material necesario para a protección e hixiene das persoas e lugares onde se realicen as actividades lectivas ou complementares.
– Posibilidade de non asistencia a clase para aquel alumnado que estea en situación de risco sanitario, ou que conviva con persoas nesa situación; logo de xustificar esta circunstancia.
– Organización profesional da limpeza e hixiene dos centros educativas e do transporte escolar.
– Garantía de detectar e atender a calquera fenda dixital (económica, xeográfica ou formativa) na que poida incorrer o alumnado ou as familias galegas.
– Plan especial de atención á diversidade e nomeadamente ao alumnado NEAE, nunha hipotética cancelación total ou parcial da formación presencial.
– Garantía absoluta da formación de profesorado, alumnado e familias nunha posíbel formación a distancia que garanta:
o A utilización de plataformas e sistemas de comunicación homoxéneos, limitados e coñecidos.
o control dos tempos dedicados á formación a distancia.
o acompañamento ao alumnado, nomeadamente ao alumando NEAE, así como ás crianzas de menor idade do sistema.

Servizos de conciliación 2020-2021

Estimadas familias:

Tras a publicación do protocolo da Xunta de Adaptación ao Contexto da COVID 19 nos Centros de Ensino Non Universitarios de Galicia para o curso 2020-2021, decidimos todos os membros  da ANPA RIO TELLA non continuar este ano co servizo de Madrugadores, nin cas actividades extraescolares presencias.

Decir que en devandito protocolo, esixe a elaboración dun protocolo específico por parte da ANPA que englobe todo o relativo a pandemia COVID: dende limpeza, ata medidas de transmisión,  responsabilizando a directiva da ANPA  dos casos que poidan surxir, así como das súas consecuencias, sen dispoñer da  protección sanitaria e xurídica que debería asumir a administración.

A Federación de ANPAS considera esta situación moi preocupante, non olvidemos que somos nais e pais voluntarios, polo que non podemos asumir tal responsabilidade.

Con respecto o programa de Madrugadores, entendemos que é una medida de conciliación para moitos vos, polo que decidimos poñernos en contacto co Concello, que están xa realizando todas as xestións para asumir este servizo.

Saúdos

Aberto o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Xa podemos pedir as axudas ós libros do ano que ven desde o 20 de maio ao 19 de xuño de 2020.

Podemos solicitala de varias formas:

Os destinatarios son:

  • Alumnado de 1º e 2º : axuda para adquisición de libros
  • Alumnado de 3º, 4º de Educación Primaria: axuda para adquisición de libros

Nestes niveis de primaria, unha vez sexa concedida a axuda é condición indispensable devolver os libros de texto e/ou material reutilizable adquiridos coas axudas do curso 2019/20 para poder recoller o vale.

O alumnado de 6º que vaia ao IES de Cacheiras deberá facer a solicitude nese instituto. Os que solicitaran noutros centros deberán esperar a ter a confirmación de estar admitidos ou facer a solicitude desde o noso centro.

 A solicitude de axuda para adquisición de material escolar poderá facela toda familia que teña renda percápita igual ou inferior a 6.000 €

A solicitude será única para todos os fillos e fillas matriculados no mesmo centro para o curso 2020/21.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • ANEXO I e II  (impreso coa solicitude e a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. En caso de non dispoñer de libro de familia, só en casos excepcionais se poderá aceptar:
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

É importante nos actos presenciais respetar as normas de distanciamiento social e sanitarias en vigor!!!!

Deixamos este enlace para máis axuda:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/node/2466

Día das Letras Galegas 17 de Maio de 2020

Este ano será una ano diferente para poder celebrar o Día das Letras Galegas.

O Servizo de Normalización do Concello de Teo, xunto co Proxecto Apego propoñen contar uns contos en galego por teléfono e outro trebellos:

Vero Rilo e Sonsoles Penadique ofrecerán o 17 de maio entre as 11 e as 13 h unha sesión de contos mediante dispositivos móbiles. Se queres participar tes que inscribirte previamente e seguir estas sinxelas instrución para conectarte:



Así mesmo, anímamoste a que, cada día, ata o 17 de maio, Día das Letras Galegas, visites o facebook do Conello de Teo polas 11 e as 21 h e vexas un vídeo musical de grupos que difunden a súa música en galego. Uxía presenta o primeiro deles: Facebook Concello de Teo

DIVERTEO VERÁN 2020

Bo día a tod@a:

Esperamos que esteades ben, procurando cumprir todas as normas de desconfinamento adecuadamente para que pronto poidamos vernos tod@s.

O venres foi publicado no Facebook o seguinte mensaxe dos Eervizos Sociais de Teo, do Diverteo do Verán:

“O Diverteo de xuño, xullo, agosto e setembro non sabemos en que condicións se vai facer, xa que estamos nun esceario no que estas mudan rápidamente. Este tipo de servizos necesita un procedemento de prazos que non nos permite esperar a coñecer con exactitude os requerimentos cos que se van a realizar. Por isto, imos a comezar o procedemento de inscrición nas quendas do verán, e confirmaremos as prazas cando teñamos as instruccións das autoridades competentes. Os prazos ábrense a partir do 18 de maio. Recomendamos a inscrición telemática.”

Un saúdo

ABERTO NOVO PRAZO PARA SOLICITUDE DE MATRÍCULA

Do 11 ó 18 de maio ábrese de novo o prazo para quen non teña feita a solicitude da matrícula, sólo para aqueles que se incorporan por primeira vez ó centro.

Neste enlace podedes obter máis información, ó igual que por la aplicación abalar:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipramallosa/node/2432

Farase en horario de 10 a 13:30 h con cita previa a través do teléfono 881 866 491 ou do correo-e ceip.ramallosa@edu.xunta.gal:

– É obrigatorio o uso de máscara

– Non poden vir nenos/as acompañando aos adultos.

– Deberán esperar na porta do colexio para ser atendidos, xa que os trámites faranse no recibidor, nun espazo preparado para tal efecto. No caso de coincidir con outros pais na entrada deberán gardar as distancias de seguridade.

– A entrada será pola porta principal do centro (a entrada que utiliza o profesorado). Pódese entrar co coche no recinto, de xeito excepcional, para estes trámites.

O proceso tamén pode facerse de xeito telemático (con chave 365 ou certificado dixital). Máis información neste enderezo: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Adxuntamos tamén os seguintes enlaces da documentación para presentar que podedes descargar directamente de aquí ou da páxina web do colexio: