Bo Nadal e feliz Aninovo

ANPA RIO TELLA DESEXAVOS UN BO NADAL
Benqueridas familias,
As persoas que conformamos a Directiva da ANPA queremos transmitirvos o noso agradecemento pola
confianza depositada en nós un ano máis, as vosas palabras de alento e apoio que tanta falta fan ás veces,
cando as forzas escasean. Sodes vos, coas vosas aportacións, os que facedes posible que poidamos seguir
traballando polo ben común e, por enriba de calquera otra cousa, en beneficio da nosa rapazada, que é o
verdadeiro motor do noso traballo.
Sobre todo, queremos poner en valor este ano o voso esforzo e inmensa comprensión ante as dificultades que
este curso ten plantexado a todos e todas as que conformamos a comunidade educativa. Queremos agradecer
ao equipo directivo e todo o profesorado, polo seu benfacer, a súa accesibilidade e cercanía en todo momento
e o esforzo extra realizado para que todo fose o mellor posible neste comezo de curso. Queremos agradecer
tamén este curso especialmente as nais e os pais “colaboradores” do comedor, pola inmensa labor que
desenvolven expoñéndose directamente sen recibir nada a cambio. Sin eles e elas o noso comedor non podería
funcionar e a nosa conciliación laboral e familiar non sería posible.
Queremos tamén facer un recoñecemento, este con maiúsculas, á nosa rapazada, polas continuas leccións que
nos teñen dado este ano que remata tan, tan duro para eles. A súa capacidade de adaptación as novas
circunstancias foi e está a ser infinita, e sen perder o seu sorriso, deixándonos a todos e a todas sen dúbida
abraiados.
Aproveitamos a ocasión para facer un chamamento a todas aquelas familias que aínda non estades asociados,
para que vos animedes a facelo, aínda estades a tempo, e toda aportación é pouca, e, aínda que a nosa labor e
o noso traballo sempre vai pensado e destinado a toda a colectividade, o certo é que ten más asociados
significa ter máis medios, acceder a máis axudas e polo tanto, poder facer moitas máis cousas para mellorar a
vida educativa do noso alumnado. Tamén queremos animarvos a entrar a formar parte da Directiva, posto que
contar con máis apoios e máis puntos de vista é sempre enriquecedor.
Este curso que comezamos en setembro está a ser tamén complicado para nós, xa que nos topamos con moitas
limitacións para calquera iniciativa que queiramos poner en marcha; polo cal pedimos expresamente disculpas
pola parte que nos poida tocar; así como polos erros que puidésemos ter cometido, procuraremos neste novo
ano seguir mellorando e traballando ca mesma ilusión e cariño cos que o vimos facendo estes anos.
Por último, desexámosvos pasedes unas felices festas con vosos rapaces e rapazas e que estes poidan
disfrutar das súas merecidas vacacións.
Boas festas e feliz aninovo!!!